Galicia, Galicia (galego)

Galicia, Galicia (galego)

Galicia, Galicia (galego)

Editorial: Xerais

Pàgines: 352

Any: 2003

EAN: 9788483024706

18,55 €
    No disponible ara a

    Temps d'entrega:
    Per consultar al distribuïdor
    • - La Central del MUHBA
    • - La Central del Raval
    • - La Central (c/ Mallorca)
    • - La Central de Callao
    • - La Central del Museo Reina Sofía
Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos e publicada en El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra. A edición correu a cargo de Xosé Mato Fondo que a organizou nas seguintes series: “O conservador país onde non existen os conservadores” (Premio Fernández Latorre de periodismo); “No mellor país do mundo” (serie publicada en La Voz de Galicia); “Terra Cha, cha, cha, cha” (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); “A Campaña do Ogro” (sobre as eleccións de 1993); “A Campaña do Botafumeiro” (sobre as eleccións de 1997); “O gaiteiro solitario” (serie publicada en A Nosa Terra); “Toca madeira” (serie publicada en La Voz de Galicia); “O pleonasmo de Don Manuel”; “Oración fúnebra pola Orquestra do Vento” (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto). A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo de Galicia, Galicia non é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de “No mellor país do mundo”, por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida profecía. Manuel Rivas, como un gaiteiro solitario e non en bandada marcial usa a liberdade, a imaxinación e o humor contra a grande maquinaria da chamada Pax Fraguiana: a propaganda. Galicia, Galicia é unha obra histórica e de historia, do presente que aínda vivimos, e que non trata só dun personaxe senón de todo un tempo.
Les cookies són importants per a tu, influeixen en la teva experiència de navegació, ens ajuden a protegir la teva privadesa i permeten realitzar les peticions que ens sol·licitis a través de la web. Utilitzem cookies pròpies i de tercers per analitzar els nostres serveis i mostrar publicitat relacionada amb les teves preferències en base a un perfil elaborat amb els teus hàbits de navegació (per exemple pàgines visitades). Si consentiu la vostra instal·lació prem "Acceptar cookies", o també pots configurar les teves preferències aquí. Més informació a la nostra Política de cookies