Saltar a: Contenido � | Pie de la página � | Menú principal �


L

Neira Vilas, Xosé

O home de pau

Xosé Neira Vilas, escritor de recoñecido prestixio dende que en 1961 publicara Memorias dun neno labrego, autor dunha extensa obra literaria que abrangue dende a prosa narrativa, a poesía, a outros textos de investigación ou testemuña, achéganos agora un fermoso libro de relatos: O home de pau. Os quince contos que compoñen este libro (“O home de pau”, “Coches”, “Unto”, “Casa”, “O parvo”, “Alameda”, “O xigante Med”, “Folga”, “Papeis”, “Babel S.A.”, “Fumes”, “Decibelios”, “Cadelandia”, “Anuncios” e “Reloxos”) foron escritos ó longo do ano 1988 en La Habana cando Xosé Neira Vilas era xefe de redacción da revista infantil Zunzún. Foron reescritas en Galicia, no inverno de 1993 e recuperados na súa versión definitiva no comezo do presente ano. A pretensión de Neira Vilas con tales fabulacións é reflexionar sobre o previsible destino das cidades actuais e das xentes que nelas moran. Quince historias urbanas, que son outras tantas alegorías sobre algunhas das eivas crónicas que padecen tódalas cidades do noso tempo. Cidades concibidas como labirintos de arames, signos, letreiros, fochas e moreas de entullo entre os que resoan frenlas de motores, bruídos de camións-matafogos e dos outros, laios de lixeiros coches policias, ou de ambulancias que roñan agoirentas para gañarlle unha carreira á morte. Cidades nas que viven homes de pau, chantados na esquina de entrerrúas, vendo e non vendo todo o que acontece...

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra "Política de cookies".

Saltar a: Contenido � | Pie de la página � | Menú principal �