Saltar a: Contenido � | Pie de la página � | Menú principal �


L

Otero Pedrayo, Ramón

Contos do camiño e da rúa

  • Editorial: Editorial Galaxia
  • Páginas: 116
  • Año: 2005
  • Precio: 14.85 €
  • EAN: 9788482886084

Relatos magníficos que toman como unidade temática a oposición entre a vida da aldea e a vida da vila. Estes contos, publicados en 1932, salientan pola capacidade do autor para combinar de maneira maxistral a imaxinación creadora cunha técnica case cinematográfica para recrear ambientes, poñendo ante o lector todo un espírito, un tempo e unha forma de vivir xa esvaecida. O libro inclúe O fidalgo, unha das mellores mostras da narrativa breve galega e quizais o conto máis fermoso do autor. Marcado pola acción e o movemento, este conto é un exemplo da celeridade que pode acadar o discurso narrativo. Nel, como no resto do libro, Otero traza personaxes con penetración, evocando os ambientes dun xeito vívido, ao tempo que amosa un aire europeo e moderno que lle dá extraordinario poder de suxestión á súa narrativa.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra "Política de cookies".

Saltar a: Contenido � | Pie de la página � | Menú principal �